Recetas

1.Rosca de chocolate e arándanos

Para o biscoito :
3 ovos, 180 grs. de azucre, 150 grs. de arándanos deshidratados,150 grs. de fariña, 1 iogur, 1 vasiño pequeno de aceite de oliva.
 

Para a decoración:
Chocolate de repostería, 1 plátano maduro, 1 kiwi, froitos silvestres (frambuesas, moras, grosellas e/ ou arándanos). 
Nun bol grande subimos as claras; cando estean, mesturamos cos demáis ingredientes, removendo con forza.
Quentamos o forno a 180 ºC; untamos
de margarina o molde de tarta con forma de rosca, verteremos a mestura e poñémola no forno durante unha hora aprox.
Cando enfríe, desmoldamos. Partimos a rosca pola metade e enchémola de chocolate.
Tapamos e untamos
tamén de chocolate enriba da rosca . Pelamos o kiwi e o plátano, e decoramos ó noso gusto coa froita.
               



 
2. Roliños de froitos silvestres e améndoas:


    Ingredientes para 4 persoas:
    1 cunca de arándanos
    1 cunca de frambuesas picadas
    1/2 cunca de noces troceadas
    1/2 cunca de almendras laminadas
    250 g de pasta de milfollas
    1 ovo, batido
    Azucre
    Follas de menta ao gusto

Preparación

    1. Fritir nunha tixola a lume lento as frambuesas e a metade dos arándanos ata que se desfagan. Sen deixar de remover, engadir azucre ao gusto, si é necesario pódese engadir un pouco de auga. Retirar do lume e agregar 4 culleradas de améndoas.
    Reservar.
    2. Estender a pasta de milfollas e formar rectángulos de 8 x 5 cm. procurando que a pasta quede delgada. Untalos coa preparación de arándanos e frambuesas, engadir as améndoas e os arándanos (reservando algúns para decorar) e enrolar a pasta.
    3. Colocar os roliños nunha bandexa para forno previamente engrasada, pintalos co ovo e espolvorear con azucre, algunhas améndoas e arándanos picados. Fornear durante 20 minutos a 180 °C ou ata que a pasta estea ben cocida e dourada. Deixar arrefriar.
    4. Montaxe: Servir os roliños decorados con algúns arándanos, améndoas e follas de menta.


3. Batido de frambuesa e arándanos
 
Os batidos son un excelente substituto do típico almorzo. 
Este "smoothie" (batido) de frambuesa e arándanos é rico en calcio e vitaminas, e ten un agradable sabor. Acompáñao dunhas galletas integrais e terás un almorzo san, delicioso e baixo en calorías.

Os engadidos á dieta, tales como batidos, o exercicio ou os complementos integrais, axudan a que perdamos peso máis rapidamente que cunha simple dieta. Ademais, se é un batido como o que a continuación che presentamos, a túa saúde verase mellorada.

INGREDIENTES

    1 ou 2 culleradas de mel
    1 plátano maduro
    ½ cunca de frambuesas
    ½ cunca de iogur natural
    ½ cunca de zume de laranxa
    2 culleradas de arándanos

PREPARACIÓN

    Lava ben as froitas e báteas na batidora. Engade o iogur e o zume e mestura ben. A continuación engade o mel e mestura ata que quede unha masa homoxénea.Serve nun vaso e decórao con froitas.

CONSELLOS DE PRESENTACIÓN

    Os arándanos pódense substituír por fresas.
    Si che  gusta máis doce engádelle un pouco máis de mel (tamén se pode substituír por azucre ou edulcorante).
    Se pos as froitas no conxelador desde o día anterior obterás unha masa máis cremosa, tipo frappé.


4. Licor caseiro de Froitos Silvestres:

Hai moitas formas de preparar licores caseiros, aquí expoño unha ben sinxela e rápida.
•    Medio kilo de arándanos, frambuesas, grosellas, moras ou fresas. Tamén pode ser unha mezcla deles.
•    Un litro de augardente.
•    Medio kilo de azúcar
•    Medio litro de auga.
Preparación:
Toma un recipiente de vidrio hermético e engade os froitos e a augardente. Déixaos macerar xuntos durante un mes ou mes e medio. Unha vez cumprido o tempo, filtra o líquido e reserva. Coa froita poderás preparar un doce, comela cun pouco de azúcar o como che pareza.
O paso seguinte será preparar o almibar que rematará o licor. Simplemente deberás ferver medio litro de auga con medio kilo de azúcar e reservar ata que enfríe. Despois mezclar coa augardente xa filtrada e embotellar.
Reserva un tempo mínimo dunha seman o uns 10 días máis antes de consumir. Hai quen prefire deixalo macerar ata 6 meses.