Lista de precios


 Para grandes cantidades consultar precio.

Planta de frambuesa "Glen lyon"

Este inverno temos a planta de frambuesa a raiz núa da variedade Glen Lyon de oferta.
O desconto será en función do tamaño do pedido.


Podedes consultar por tlf., correo electrónico, ou ben comprar directamente no enlace á tenda online de Agroterra.
Tlf: 699761644
fragaira@gmail.com

Facendo un umbráculo paso a paso...


Nesta entrada descríbese como facer un umbráculo dun xeito sinxelo e barato.
Utilizáronse para a construcción estacas de madeira tratada, aros de ferro e tuberías de PVC para cubrilos e evitar así que se oxiden.

En primeiro lugar hai que eliminar a vexetación. e nivelar o terreo.



O seguinte paso é colocar a malla antiherbas e fixala con grapas de alambre.





 
A continuación clavamos as estacas e comezamos a colocar os aros de ferro recubertos de tubería de PVC. Para fixalos ás estacas usamos abrazadeiras de aceiro.







Finalmente colocamos a malla de sombreo.


 


O aproveitamento de froitos silvestres



O cultivo de froitos silvestres constitúe unha oportunidade interesante para xerar emprego no agro, tanto como complemento dunha explotación xa existente coma a creación dunha nova .
En calquera caso, o primordial é a fase previa á iniciación: debemos planificar uns obxectivos claros de cada etapa do proxecto, e sobre todo, temos que definir cal vai ser a estratexia de comercialización. Esta é a parte máis delicada polas seguintes razóns:
- A dimensión da plantación. Se temos unha pequena superficie é inviable a produción intensiva e a venta a comercializadoras. Se se fai unha plantación extensiva, hai que ter en conta a man de obra que imos precisar así como as canles de comercialización, sobre todo nos meses de máxima produción.
- A elección dos cultivos. Este apartado está directamente relacionado co anterior, pois se se trata dunha pequena explotación, é máis interesante ter produtos diversos para a comercialización local en pequenas tendas e restaurantes, mentres que a maior escala pode ser interesante centrarse nun ou dous cultivos. Do mesmo xeito, a elección varietal vai estar condicionada polo destino da froita. Si é para transformación, pode ser interesante un cultivo que concentre a produción nun corto espazo de tempo e, no caso contrario escoller variedades temperás e tardías para escalonar a recollida.
- As características do produto. Trátase de froita moi delicada, o que dificulta o seu almacenamento, polo que se o destino é a venda en fresco, esta ten que ser o máis inmediata posible para que non perda as súas calidades. En todo caso, vai ser interesante ter unha cámara de conservación de tamaño acorde á cantidade de froita que esperemos recoller.
- Non é un produto de demanda continuada nin xeralizada ao longo do ano. Esta tendencia está cambiando, pero polo de agora é un produto que aínda non se atopa en tódalas áreas comerciais.
-Non abundan as canles de comercialización asentadas como no caso da  venda de leite, carne, horta, ovos, etc.
Unha vez que os obxectivos están claros, hai que valorar o presuposto de inicio e o rendemento esperado, así como o período de adaptación ata chegar ao pleno funcionamento da explotación.
No tocante ao cultivo, as plantas de froitos silvestres son moi resistentes e a produción vai estar condicionada polo correcto coidado das plantas e a xusta aplicación de abonos e auga.

Plantación dos froitos silvestres

Haberá que ter en conta os seguintes pasos:
1º- Preparación do terreo. Se se trata dunha parcela abandonada haberá que aplicar un abonado de fondo e laborear o terreo para que a terra quede solta.
2º- Plantación. As arandeiras e groselleiros poden plantarse a 1-1,20 m. na liña, framboeseiras a 0,60-1 m. e moreiras a 1,20-1,50 m. A separación entre liñas pode variar en función de se queremos mecanizar o desherbado das rúas de paso, e deberá ser de 1,20 -2 m. mínimo se este é manual, ou de 2,50-3,50 metros para deixar paso a un tractor ou outro vehículo.
A aplicación de herbicidas como o glifosato debería estar completamente prohibida, ou polo menos, moito máis restrinxido o seu uso, pois as plantas van a absorber todo o que botemos no chan. É un veleno que pasa aos consumidores a través da froita, polo que os efectos negativos para a saúde non poden ser “controlados”, por moitos estudos que se fagan ao respecto.
Por outro lado, este produto nocivo escoa cara aos regatos e mananciais, sendo absorbido polas especies vexetais e animais presentes nese hábitat, pasando despois á cadea alimentaria. Este é un problema moi similar á aplicación indiscriminada de xurros e abonos de síntese en parcelas próximas a cauces fluviais.

Mantemendo

3º- Mantemento. Unha vez rematada a plantación é interesante a colocación de goteiros para a rega e aplicación de abonos, salvo que sexa un terreo que se manteña húmido todo o ano e se decida o abonado de xeito manual.
No caso de arandeiras e groselleiros pode ser interesante a colocación de malla antiherbas ou aplicación de restos vexetais para frear a propagación da vexetación. Como as arandeiras prefiren solo ácido, na zona adicada ao seu cultivo non se encalará (salvo terreos forestais moi degradados) e ademais pódese aplicar casca de pino para o control das herbas. Para o resto das plantas é preferible utilizar outros restos vexetais como toxos, fentos ou herbas, pois non van a acidificar tanto o terreo.
Framboeseiras e moreiras non deben levar malla pois estas plantas están continuamente emitindo novos gromos e expandíndose polo solo. Poderán levar restos vexetais para o control da herba sempre que non sexa unha capa moi mesta que dificulte o agromado de novas guías. En todo caso, se a superficie plantada non é moi grande pódese realizar o desherbado manual o primeiro ano para conseguir que a planta ocupe todo o espazo de cultivo e se desenvolva correctamente.
Estes cultivos requiren de moita man de obra nos meses de verán pero non tanto durante o inverno, pois tan só teremos que ocuparnos do mantemento e poda de groselleiras e arandeiras e retirada de canas secas de framboeseiras e moreiras.

Consellos de poda

A poda de groselleiros e arandeiras é similar. Buscarase que a planta teña entre 6 e 10 guías principais ben distribuídas. É interesante que estas guías vaian renovándose sen pasaren 4 anos, xa que despois baixa a súa produción. Polo tanto nunha planta equilibrada haberá guías de 2 e 3 anos en produción  e algunha do ano repoñendo as vellas que xa se podaron.
As framboeseiras non se podan, senón que se extraen as canas que xa produciron e están secas. Aquí hai que ter en conta se son especies remontantes ou non; é dicir, se producen dúas colleitas ao ano ou unha. As remontantes producen na guía do primeiro ano, na parte apical a finais de verán, e no segundo ano ramifica o talo para producir en primavera. No caso das non remontantes, a planta produce en madeira de segundo ano.
As moreiras emiten renovos que poden frutificar na parte apical durante o seu primeiro ano. No segundo ano, esas guías ramifican lateralmente e volven dar froita nas polas novas. No terceiro ano, as polas que produciron o ano anterior volven ramificar lateralmente para dar outra colleita, sendo o 2º e 3º ano os de máxima produción. Estas guías acaban tendo un diámetro considerable e unha lonxitude de varios metros, polo que pode ser interesante a poda apical para que non cargue moito, pois a froita podería non madurar correctamente. Finalmente, esas guías secan ao 4º ano. Para optimizar a produción desta planta hai que manter o equilibrio entre as guías novas e vellas e retirar as que van morrendo.

Recollida da froita

Finalmente, é moi importante a correcta recollida destes froitos. Debe facerse nas horas de menos calor, a ser posible directamente no envase final e levalas o antes posible a unha cámara de conservación ou neveira para frear a súa degradación.

Flores de maio

Con maio chegan as flores, aquí podedes ver as moreiras en plena floración...
e as fresas que comenzan a espabilar, aínda que con retraso este ano.


Propiedades dos froitos vermellos

Un novo estudio considera que un consumo alto de baias ricas en flavonoides, como fresas e arándanos pode retrasar a disminución da memoria. Podedes ler o artigo completo pinchando no enlace.

Propiedades medicinales de la grosella

http://www.prensalatinalasvegas.com/2011-11/14-25777.htm

Propiedades das fresas

A fresa,  é unha planta rosácea que produce flores brancas ou amareladas e dá un froito de cor vermello e sabor doce ou acidulado. Ten mellor crecemento nos climas fríos pois require de certos niveis de humidade para que poida producir un froito fresco e zumento.
Crese que as calidades acedas da fresa neutralizan os efectos canceríxenos do fume do cigarro. Por outra banda, axudan a eliminar do corpo o exceso de ácido úrico, así que unha dieta de fresas podería diminuír os malestares producidos pola gota, enfermidade relacionada coa acumulación deste ácido.
A vitamina C, a vitamina E e o betacaroteno, antioxidantes por excelencia, atópanse altamente concentrados na fresa. A acción do trío anterior prevén o dano na capa máis interna das arterias (endotelio), observado con frecuencia en persoas que sofren de diabetes, hipertensión arterial ou alteración dos lípidos (colesterol e triglicéridos). A fresa foi utilizada en medicamento natural para limpar e purificar o aparato dixestivo e até como solución para reducir índices anémicos e malestares por artrites e reumatismo.

Propiedades das frambuesas

É unha froita que achega unha cantidade destacable de fibra, que mellora o tránsito intestinal. Constitúe unha boa fonte de vitamina C e ácido cítrico , flavonoides e folatos, minerais como o potasio, o magnesio e o calcio, este último de peor aproveitamento que o que procede dos lácteos ou outros alimentos que son boa fonte de devandito mineral. A vitamina C ten acción antioxidante, do mesmo xeito que os flavonoides (pigmentos vexetais). Dita vitamina intervén na formación de coláxeno, ósos e dentes, glóbulos vermellos e favorece a absorción do ferro dos alimentos e a resistencia ás infeccións.



O ácido cítrico, posúe unha acción desinfectante e potencia a acción da vitamina C. O ácido fólico intervén na produción de glóbulos vermellos e brancos, na síntese de material xenético e formación de anticorpos do sistema inmunolóxico. O potasio é necesario para a transmisión e xeración do impulso nervioso, para a actividade muscular normal e intervén no equilibrio de auga dentro e fóra da célula. O magnesio relaciónase co funcionamento do intestino, nervios e músculos, forma parte de ósos e dentes, mellora a inmunidade e posúe un suave efecto laxante.

Propiedades dos arándanos

Os arándanos son un dos alimentos con máis alto contido de antioxidantes, cun alto contido de vitamina C, potasio e fibra.
Os antioxidantes absorben os radicais libres, que son os que danan o ADN, causan cambios celulares, oxidan o colesterol bo e causan envellecemento tanto físico como mental.
O arándano, é un dos mellores froitos silvestres que podemos inxerir.
Ademais do sabor especial do arándano,  a composición nutricional da súa froita é progresivamente máis atraínte debido á tendencia a consumir alimentos naturais, sans e nutritivos. O valor nutricional do arándano, segundo a estandarización da Food and Drug Administration (FDA) dos Estados Unidos, está definido entre baixo a libre de graxas e sodio, libre de colesterol, rico en fibras e en vitaminas.
Como o seu contido en calorías é moi baixo ten grande importancia nas dietas, ademáis reducen o azucre no sangue.
A coloración azul violácea da súa pel, débese ao polifenoles (antocianas e flavonas) que son poderosos antioxidantes (secuestran os radicais libres) dos tecidos, retardando o seu envellecemento.
É hiposódico e hipocalórico ( atópase entre os alimentos caloría negativos, é dicir que demandan máis enerxía para dixerilos, que as que achega o seu consumo) e ao ser rico en fibras, beneficia ademais a regulación intestinal.
Valor Nutricional.
Food and Drug Administration - FDA
Composición nutricional do arándano cada 142 gr.




Calorías 100 Kcal                                     Zinc 0.16 mg
Proteínas 0.97 gr                                     Cobre 0.09 mg
Graxas 1.0 gr                                          Manganeso 0.41 mg
Carbohidratos 20.5 gr                              Vitamina C 18.9 mg
Fibra 3 gr                                               Tiamina 0.07 mg
Calcio 9.0 mg                                          Rivoflavina 0.07 mg
Hierro 0.24 mg                                        Niacina 0.25 mg
Magnesio 7.0 mg                                      A. Pantoténico 0.13 mg
Fósforo 15 mg                                         Vitamina B6 0.05 mg            
Potasio 129 mg                                       Folacina 9.3 mg         
Sodio 9 mg                                             Vitamina A 145.0 EU
O potasio é necesario para a transmisión e xeración do impulso nervioso, para a actividade muscular normal e intervén no equilibrio de auga dentro e fóra da célula.
A vitamina C, intervén na formación de coláxeno, ósos e dentes, glóbulos vermellos e favorece a absorción do ferro dos alimentos e a resistencia ás infeccións .
 

Propiedades das grosellas

As Grosellas conteñen:
-Vitaminas: C , A e E.
- Minerais: Potasio, Magnesio, Calcio e Ferro.
Outros: Acido Cítricos, Acido Málico, Acido Oxálico, pigmentos naturais (antonianos e carotenoides)=Antioxidantes. Taninos.
Ten propiedades beneficiosas para:
- Resistencia ás infeccións
- Anemia ferropática.
- Problemas de transito intestinal, estreñimento (gran poder laxante)
- Hipertensión.
- Transmisión e xeración do impulso nervioso e muscular.
- Anticanceríxeno.
- Problemas cardiovasculares e dexenerativos.
- Embarazo, lactación.
- Gota.
- Reforza o sistema inmunolóxico, formación de anticorpos. Reforza as defensas e produce glóbulos vermellos e brancos.
- Celiaquía.
- Antiinflamatorio.
- Astrinxentes, se as baias están verdes.
- Pel, dentes, ósos.
- Laxantes, Tónicas e depurativas, se as baias están maduras.
- Colesterol.
- Tensión.




Sistemas inmunitario e nervioso central máis fortes. Para as mulleres, alivio contra posibles síndromes premenstruais, entre os cales se atopan as migrañas e os calambres menstruais. Tamén fortalece o corazón e mellora a circulación sanguínea en ambolos sexos, reducindo os niveis do colesterol malo no sangue que poderían obstruir arterias importantes.
Probablemente, a isto débese que os esquimais coman tantas baias como as grosellas coas súas variedades de carnes grasosas.

Propiedades das moras

O consumo de moras aumenta as defensas fronte ao catarro e outras enfermidades infecciosas grazas ao seu contido en vitamina C. Tamén favorece o bo funcionamento da vista e revitaliza a pel debido á súa riqueza en vitamina A. Polo seu baixo contido en calorías e a súa elevada proporción de fibra vexetal, as moras poden formar parte de calquera dieta adelgazante, aínda que a súa riqueza en azucres desaconsellan o seu consumo os diabéticos. Así mesmo, as moras teñen propiedades lixeiramente diuréticas.