Propiedades das fresas

A fresa,  é unha planta rosácea que produce flores brancas ou amareladas e dá un froito de cor vermello e sabor doce ou acidulado. Ten mellor crecemento nos climas fríos pois require de certos niveis de humidade para que poida producir un froito fresco e zumento.
Crese que as calidades acedas da fresa neutralizan os efectos canceríxenos do fume do cigarro. Por outra banda, axudan a eliminar do corpo o exceso de ácido úrico, así que unha dieta de fresas podería diminuír os malestares producidos pola gota, enfermidade relacionada coa acumulación deste ácido.
A vitamina C, a vitamina E e o betacaroteno, antioxidantes por excelencia, atópanse altamente concentrados na fresa. A acción do trío anterior prevén o dano na capa máis interna das arterias (endotelio), observado con frecuencia en persoas que sofren de diabetes, hipertensión arterial ou alteración dos lípidos (colesterol e triglicéridos). A fresa foi utilizada en medicamento natural para limpar e purificar o aparato dixestivo e até como solución para reducir índices anémicos e malestares por artrites e reumatismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario